Bonos de 30 euros por veciño en Vilalba para gastar no comercio local
Publicado o 06/11/2020 19:49
En formato dixital ou tamén en papel, os máis de 14.000 veciños empadroados en Vilalba poden beneficiarse destes bonos de 30 euros para gastar en negocios da vila. A campaña Re-Activa Vilalba, financiada polo concello, vai repartir máis de 420.000 euros para fomentar o consumo neste tempo de pandemia. Hoxe non hai moita actividade nos comercios pero xa atopamos os primeiros usaurios dos bonos.
Os comerciantes subliñan que a campaña vailles axudar moito neste momento tan complicado.
A campaña, na que participan 60 negocios de Vilalba, vaise prolongar ata o 8 de decembro.