CRTVG

Buscar

Bolsonaro participa nunha manifestación de seguidores e achégase a eles sen protección

Publicado o 25/05/2020 09:38


O presidente do Brasil, Jaír Bolsonaro, participa nunha manifestación de seguidores e achégase a eles sen a recomendada protección contra o contaxio da COVID-19.
Camiño da concentración nas proximidades da sede do goberno en Brasilia, o mandatario ultradereitista dixo que era unha manifestación espóntanea do pobo pola democracia e a liberdade.
Bolsonaro amosouse moi feliz co apoio dos seus seguidores nun momento en que a súa credibilidade está en cuestión por presuntas intromisións súas na Policía Federal.
O presidente do Brasil, desprovisto de máscara, ignorou tamén aquí as recomendacións sanitarias fronte ao coronavirus, que nese país matou xa máis de 22.000 persoas.

Noticias web

25/05/2020