Bolsonaro desoe as advertencias e acode a unha xornada de manifestacións
Publicado o 20/04/2020 09:10
E no medio da pandemia, o presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, desafiou de novo todas as recomendacións.
Bolsonaro asistiu a unha das manifestacións dos seus simpatizantes, aínda que non se mesturou con eles e se mantivo a distancia. O presidente do Brasil expresou novamente o seu rexeitamento ás corentenas obrigatorias impostas por algúns estados como o de São Paulo.