CRTVG

Buscar

Bolsonaro denuncia fraude electoral 14 meses antes das eleccións

Publicado o 09/08/2021 10:30
Bolsonaro denuncia fraude electoral 14 meses antes das eleccións

Bolsonaro segue os pasos de Trump e denuncia fraude 14 meses antes das eleccións presidenciais do outubro do 2022. A ultradereita pide un autogolpe para manter no poder a Bolsonaro tras non poder suprimir o voto electrónico, que centra a polémica.

Segundo  Bolsonaro, o voto electrónico, empregado desde hai máis de dez anos no Brasil sen indicio de irregularidades, vai facer que perda a Presidencia contra os desexos do pobo.

Noticias web

09/08/2021