CRTVG

Buscar

Bolsonaro dá negativo de coronavirus tres semanas despois de ser contaxiado

Publicado o 26/07/2020 11:08
Bolsonaro dá negativo de coronavirus tres semanas despois de ser contaxiado

Jair Bolsonaro, de 65 anos, deu neativo nun novo exame de coronavirus. Bolsonaro é o presidente do Brasil, o segundo país máis afectado pola pandemia en todo o mundo. Acumula máis de 85 mil mortos e supera os 2,3 millóns de casos positivos.

O pasado 7 de xullo detectáronlle esta enfermidade, que o mantivo recluído na súa residencia oficial ata esta fin de semana. Bolsonaro non dixo cando prevé retomar a súa axenda oficial, probablemente este luns.