CRTVG

Buscar

Boiro mellora a súa incidencia tras pasar meses pechado perimetralmente

Publicado o 05/02/2021 15:01

"Eu tiña medo, claro que tiña medo, porque cando me chamaron para operar pois dixen eu, bufff .... é que non teño gana de ir. Pero despois dixen eu: mira, é a única oportunidade que teño".

Gloria Laíño recibiu un transplante de ril durante a pandemia. Ao final operouse e tivo que pasar meses pechada na casa recuperándose. Agora comeza a saír de novo.

Tamén falamos con Nuria, que leva 18 anos á fronte da súa tenda de moda. Ela non recorda, nin nos peores anos da crise económica, unha situación tan difícil.

"Non hai xente a quen venderlle, non pasa polas rúas, por medo, porque realmente non precisan roupa para saír. A onde vas? Non tes acontecementos. A xente apáñase co que ten na casa. Hai días que me custa diñeiro vir", comenta Nuria Arufe, empresaria. 

Na outra cara da moeda está Mónica, que rexenta un salón de peiteados. Ela é vitalista e optimista por natureza.

"Nunca pensei en perder o negocio. A xente sempre vai precisar de peiteadores. De feito cando abrimos tras o confinamento, foi un caos. A xente necesita vir ao salón de peiteados, para relacionarte, para poñerte guapo, para de todo un pouco", conta Mónica Calo, peiteadora. 

Hoxe é un día para ver por fin a luz, non só porque loce o sol, senón porque sete positivos menos que hai unha semana confiman que Boiro segue unha tendencia á baixa, algo que non recordaban os veciños dende o mes de novembro.

 

Noticias web

05/02/2021