CRTVG

Buscar

Boas previsións nas plantacións galegas de millo forraxeiro

Publicado o 08/09/2021 20:57

As plantacións de millo forraxeiro encaran a recta final da campaña. Será contra finais de mes cando comece o ensilado. Este ano sementáronse en Galicia case 70.000 hectáreas de millo o que supón o 75% do total do estado.

"Calculamos que de media lle falten uns 20 días e que o ensilado comece a finais de setembro ou principios de outubro. Vaise atrasar un pouco con respecto a outros anos por culpa da auga", sinala o produtor de millo Antonio Balado.

Aínda que retrasa o ensilado a auga foi clave para este cultivo. As prantas están verdes, coa boa altura e cargadas de espigas polo que os produtores agardan unha moi boa colleita que mesmo pode acadar os 50.000 quilos por hectárea.

"Este ano ten máis calidade aínda que a do ano pasado. Hai dúas espigas por planta cando o habitual é unha e eso é porque caeu auga durante todo o verán cada pouco tempo. Parece indicar que se pode chegar aos 50.000 quilos por hectárea e augura unha boa colleita", relata o produtor de millo Antonio Balado.

Fortes saraibadas ou as indesexadas visitas dos xabaríns serán nos vindeiros días o único medo duns produtores que agardan unha campaña de récord.

Noticias web

08/09/2021