CRTVG

Buscar

Boas previsións de cara ao inicio da temporada de pesca no río Furnelos

Publicado o 12/03/2020 14:36

Máis da metade do ecosistema que conforma o río Furelos xa está preparado para que comece a campaña de pesca. Neste couto agárdase que o inicio de temporada se produza este domingo e dende a Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide traballan para deixar todo a punto nos vindeiros días.

Os permisos para realizar labores de pesca nesta localización, unha das máis demandadas da provincia coruñesa, están practicamente esgotados para este mes. Das 15 autorizacións dispoñibles para as fins de semana e as seis para os días laborables, a asociación de pescadores ten reservado un 50%, que sorteará entre os membros da entidade. Ao 50% restante pódese acceder de maneira telemática a través da web da Consellería de Medio Ambiente.

En canto ás previsións de cara á nova campaña, agárdase que as abundantes precipitacións deste inverno propicien bos resultados. A temporada xeral estenderase ata o remate do mes de xullo, deixando paso a un segundo período destinado á pesca sen morte que rematará o vindeiro 30 de setembro.

Noticias web

12/03/2020