CRTVG

Buscar

Boas perspectivas na colleita da faba de Lourenzá

Publicado o 05/10/2021 20:54

Traballan arreo na colleita dun dos produtos estrela da gastronomía galega. Os produtores de fabas de Lourenzá din que veñen algo atrasadas, pero teñen moi boas perspectivas para esta campaña.

A previsión é que a faba acade este ano un bo prezo de venda. Hai moita demanda e novos mercados que atender, ademais do recuperado sector hostaleiro, ao que deixaran de vender no inicio da pandemia.

Medran os mercados, pero non os produtores. Hai falta de remuda xeracional, din, para un traballo duro. Está previsto que a colleita da faba de Lourenzá se prolongue ata principios de novembro.

Noticias web

05/10/2021