CRTVG

Buscar

Boas expectativas de ocupación para a ponte do Día das Letras Galegas

Publicado o 14/05/2019 20:56

Boas expectativas entre os hostaleiros para a ponte festiva das Letras Galegas. Nas Rías Baixas contan con chegar ata un 70% de ocupación, mentres que en Santiago de Compostela podería superar o 80%.

A pesar de que o tempo non vai acompañar, Galicia é algo máis que praias e sol. Mentres o mal tempo non chega, os que nos visitan gozan das altas temperaturas. Esta é a segunda ponte festiva que temos no mes de maio.

Noticias web

14/05/2019