CRTVG

Buscar

Boas estimacións de ocupación para este agosto nas Rías Baixas

Publicado o 01/08/2021 15:12

Atopamos turistas que chegan dende Milán. E elixiron este 2021 para coñecer Galicia. Non é o perfil habitual, o turismo nacional un ano máis toma a dianteira na comunidade. E a zona do Salnés, con Sanxenxo a cabeza, é un dos destinos elixidos.

Esta mañá atopamos estampas diferentes no centro da cidade de Vigo. Coas maletas como distintivo turístico, falamos cos que chegan pero tamén cos que teñen que marchar.

Os que están contentos son os hostaleiros. Na provincia de Pontevedra os datos falan dunha ocupación para este mes de agosto que está entre o 80 e o 90 %.

Para eles este é o mes máis importante do ano, o de maior facturación que chega a triplicarse. Por iso conteñen a respiración. E aínda que o tempo non acompaña, a paisaxe en Galicia nunca pasa desapercibida. Toca inmortalizar os momentos que marcarán o inicio destas vacacións.

Noticias web

01/08/2021