Boa venda de polbo nas lonxas galegas no inicio da campaña extractiva
Publicado o 21/07/2021 20:21
Queda moita campaña por diante, pero a que acaba de comezar faino cuns números que entran dentro do que sería un ano normal. Das 90 toneladas de polbo despachadas nas lonxas galegas desde o pasado 5 de xullo, case 27 vendéronse en Ribeira e outras 13 en Bueu.
Unha parte importante da frota de Bueu é case exclusiva desta especie, e iso faina moi dependente do volume e da cotización das capturas.
Máis discretiña está a facer a súa aparición a nécora, tamén en campaña extractiva desde este mes e da que, neste tempo, tan só se capturaron dez toneladas por valor de 180.000 euros.