CRTVG

Buscar

Boa ocupación esta Semana Santa nos balnearios galegos

Publicado o 01/04/2021 12:50

Buscan relaxación e tranquilidade, foxen das aglomeracións e benficiase das augas mineiromedicinais. Son parellas e familias que esta semana santa elixen o turismo de balnearios.

Son días sen clases para os rapaces que tamén aproveitaron os da federación nacional de piraguismo que elexiron o balneario de Laias non so para entrenar senón tamén a gozar dun turismo de saúde.

Xa houbo xente toda a semana pero a partir de hoxe case colgan o cartel de completo, están ao 90 por cento de ocupación, iso sí con aforos reducidos na zona termal do 30 por cento.

Ademais ofrecen todo tipo activiades para facer ao aire libre que van dende rutas guiadas en bicicleta eléctrica ata rutas pedestres ou clases de remo.

Un balón de osíxeno para un sector que leva un ano practicamente pechado por mor da pandemia.




 

Noticias web

01/04/2021