CRTVG

Buscar

Boa imaxe do Deportivo Abanca malia perder 1-3 co Levante

Publicado o 01/02/2021 12:27

No fútbol feminino, o Deportivo Abanca non puido cun dos equipos destacados da Liga como é o Levante.

As valencianas levaron a vitoria de Abegondo, marcando dous goles na primeira metade que deixaban encarreirado o encontro. Esther González abría o marcador á media hora, e Alba Redondo ampliaba diferenzas cinco minutos despois. Os outros goles chegaron no treito final. Sete minutos antes da conclusión, Gaby metía no partido o Deportivo Abanca. Pero catro despois Esther González asinaba a sentenza co un a tres. As coruñesas seguen na última praza.

Noticias web

01/02/2021