CRTVG

Buscar

Ringleiras nos puntos fixos para realizar de balde tests de antíxenos e obter o certificado

Publicado o 04/08/2021 15:22

"Sempre está a opción da farmacia, pero este está sendo superaxil, simplemente co carné, un exitazo da saúde galega, ben", comenta unha turista vasca.

Comezaron a funcionar o sábado e a xente aplaude a iniciativa. Son en total 14 puntos en toda Galicia, onde poder facer de balde tests de antíxenos.

"Xa que piden o certificado de vacinación ou de test negativo, pois que menos que darlles facilidades aos que non tiveron acceso á esa segunda dose de vacina ou incluso á primeira, como son os máis novos, e vai lixeiro. Agora mesmo hai algo de xente, pero tan pronto como cheguei non había ninguén e danche os resultados en 15, 20 minutos, xa che trae o papel a rapaza", relata un rapaz.

Os galegos que non queiran agardar polo resultado poden recollelo tamén nunha farmacia. "Déronme a opción de agardar 20 minutos e dábanme o resultado aquí ou ir recollelo a unha farmacia, dentro dunha hora máis ou menos, e preferín ir recollelo á farmacia", conta outra rapaza.

A todos os que acudan a estes puntos lembrámoslles que deben levar enriba un documento que os identifique e que a validez do test é de 72 horas.

 

 

Noticias web

04/08/2021