CRTVG

Buscar

Bota a andar en Galicia UP2U que busca a integración de menores en risco de exclusión social

Publicado o 22/06/2019 21:51

A iniciativa máis visible da asociación UP2U é o Camiño dos valores, unha peregrinación que comeza nas Canarias, onde naceu o colectivo, e remata en Compostela.

Este ano celebra a súa terceira edición. Na peregrinaión participan menores con medidas xudiciais ou en risco de exclusión social. A finais de xuño farán a etapa canaria e no mes de outubro completarán o Camiño Inglés dende A Coruña.

O camiño dos valores é a celebración anual da organización que agora abre sucursal en Galicia. O obxectivo é coordinar as distintas administracións e fundacións para favorecer a integración social de menores en situación de vulnerabilidade. O seu presidente pide tamén a colaboración da sociedade civil.

Vázquez Taín asegura que no eido da delincuencia, a reinserción social en adultos non supera o 10 por cento. Porén, se falamos de menores, cun seguimento axeitado, a porcentaxe pode ascender ata o 80 por cento.

Noticias web

22/06/2019