Bo momento para cambiar de coche pero non para mercalo
Estamos nun bo momento para cambiar de coche?
Preguntámoslle a un especialista. O xornalista de motor Rubén Fidalgo asegura pode ser un bo momento para cambiar de automóbil pero non para mercalo.
Este é o panorama: Un parque móbil enevellecido, axudas á compra é incertidume enerxética. E esta é a pregunta: estamos nun bo momento para cambiar de coche?
Rubén Fidalgo, xornalista especialista en motor: "E un bo momento para cambiar de coche porque as fábricas estan facendo un esforzo en rebaixar os prezos pola crise que hai de ventas pero non e un bo momento para mercalo pola incertidume que hai no mercado sobre que tipo de combustible é o máis apropiado."
O especialista aconséllanos novos camiños como a multipropiedade ata que se despexe a incertidume sobre cal van ser os combustibles con máis futuro.
Mais que tipo de coche elixir?
Rubén Fidalgo, xornalista especialista en motor: "Hoxe por hoxe os máis recomemdables son os de gas licuado de petróleo ou de gas natural."
As vendas caeron un 15 por cento no primeiro semestre. Un plan renove promete axudas entre os 1000 e os 1500 euros para mercar novos modelos menos contaminantes.
Rubén Fidalgo, xornalista especialista en motor: "Temos que ter sempre en conta cantos son os cartos que recibimos e que debemos declaralos na declaración do IRPF e iso pode facer que en determinadas ocasións teñamos que pagar máis do que recibimos por elas."
Rubén Fidalgo polo momento non aconsella o coche eléctrico, na súa opinión o futuro é o automóbil de hidróxeno.