BNG e PSdeG din que irán coa man tendida ao debate sobre o Estado de Autonomía
Publicado o 11/10/2021 21:23
Ao igual que Feijóo, os líderes da oposición tamén preparan as propostas que levarán ao debate sobre o Estado de Autonomía. Nacionalistas e socialistas din que irán coa man tendida pero que defenderán as políticas que debe poñer en marcha a Xunta para saír da crise que deixa a pandemia. Os populares tamén son escépticos sobre as coincidencias en grandes temas pero confían en chegar a acordos.