CRTVG

Buscar

BNG e PSdeG apoian as demandas do persoal de limpeza da Coruña

Publicado o 07/05/2021 16:22

As traballadoras da limpeza da provincia da Coruña buscan apoios para a súa negociación dun novo convenio colectivo. Este venres, mantiveron encontros con representantes dos grupos socialista e do nacionalista.

Gonzalo Caballero ofreceulles o seu apoio e pediu que a Xunta mediase nesa negociación. Ana Pontón coincidiu nesa reclamación. Ademais, criticou que as empresas de limpeza gañaran cartos coa pandemia e agora lles neguen melloras salariais.