CRTVG

Buscar

BNG e ERC coinciden na demanda de xustiza social e autodeterminación

Publicado o 24/07/2021 15:27

O Bloque Nacionalista Galego activou os actos do Día da Patria. Este mediodía compartiron acto Ana Pontón, a voceira nacional da formación, e Oriol Junqueras, de ERC. Foi a súa primeira visita a Galicia desde que saíu do cárcere. Ademais do presidente de Esquerra Republicana de Catalunya, o acto contou coa presenza de delegacións doutras forzas políticas nacionalistas e soberanistas. Todos coinciden nas mensaxes de xustiza social e autodeterminación.

Oriol Junqueras dixo que, ás veces, para conseguir eses obxectivos mesmo hai que pasar polo cárcere. Así mesmo Junqueras amosouse seguro de que Ana Pontón será a presidenta dunha Galicia republicana. 

 

Noticias web

24/07/2021