CRTVG

Buscar

Bisneta e bisavoa celebran o seu aniversario xuntas tras coñecerse por videochamada no confinamento

Publicado o 22/04/2021 12:45

O 21 de abril é un día especial na casa dos Martínez: é o aniversario da pequena da familia, Alma, e da bisavoa, Adela. Entre elas hai 97 anos de diferenza. Alma chegaba ao mundo en pleno confinamento, converténdose no mellor agasallo de aniversario para Adela, que recluída na súa casa coñecía a súa terceira bisneta por videochamada.

Adela nunca esquecerá ese día, unha data sen celebracións, pero cargada de emocións, non só pola chegada dun novo membro á familia, tamén polas mostras de agarimo dos seus veciños. Hoxe, Adela e Alma sopran as candeas xuntas, logo dun ano. Nesta ocasión, rodeadas dos seus e dos seus bos desexos.

Noticias web

22/04/2021