CRTVG

Buscar

Billy Woodberry ou Andrés Duque, no Play Doc de Tui

Publicado o 28/03/2019 17:11

Hoxe presentouse a edición número 15 do Play Doc, o festival de documentais que se celebrará en Tui a vindeira semana, do 3 ao 7 de abril. Un certame que conta este ano cunha atención especial á memoria coma asunto transversal dos seus filmes.

Play Doc conta cunha selección de seis filmes que son estrea en España na súa sección oficial. Nomes moi recoñecidos no campo do documental coma Billy Woodberry ou Andrés Duque e talentos de interese coma Gastón Solnicki presentarán os seus filmes en Tui.

Xunto a eles, unha chea de títulos galegos como Hamada, de Eloy Domínguez Serén; Rexistro de Adrián Canoura, ou Illa, de Álex Cancelo.

Catro días para estar pendentes do cinema do real con dúas retrospectivas internacionais de especial importancia como nos conta o director do Play Doc, Ángel Sánchez.

Noticias web

28/03/2019