CRTVG

Buscar

Bill Gates e a súa muller Melinda doan 250 millóns de dólares á OMS

Publicado o 17/04/2020 08:50

Tras a retirada dos fondos dos Estados Unidos á OMS, a Fundación Bill e Melinda Gates informou de que vai aumentar a súa contribución na batalla contra a pandemia.

Nunha entrevista á axencia Reuters, o matrimonio multimillonario confirmou a doazón de 250 millóns de dólares. Segundo Melinda Gates, "deixar de financiar a OMS non ten sentido durante a pandemia. Necesitamos unha resposta global e coordinada. É un xesto moi perigoso". Unhas palabras en clara referencia á decisión de Donald Trump desta mesma semana.

A Fundación Gates achega arredor dun dez por cento do orzamento da Organización Mundial da Saúde.

Noticias web

17/04/2020