CRTVG

Buscar

Bill e Melinda Gates divórcianse tras 27 anos e seguirán traballando na súa fundación

Publicado o 04/05/2021 10:15
Bill e Melinda Gates divórcianse tras 27 anos e seguirán traballando na súa fundación

Despois de 27 anos de matrimonio e tres fillos en común, Bill e Melinda Gates anuncian o seu divorcio. A parella de multimillonarios explicou nun comunicado conxunto que seguirán traballando na fundación creada polos dous, que é unha das maiores inciativas de filantropía globais.

Dende o inicio da pandemia, tiveron un papel fundamental na loita contra a covid, dedicando 1.750 millóns de dólares á investigación e ás subministracións médicas. Bill Gates posúe un patrimonio valorado en 124.000 millóns de dólares, segundo a revista Forbes.