Bill Clinton sae do hospital tras superar a súa infección
O expresidente dos Estados Unidos Bill Clinton saíu do hospital no que permaneceu ingresado varios días tras superar a infección que lle detectaron.
O martes ingresou nun centro médico de California para tratarse dunha infección non relacionada coa covid. Clinton, de 75 anos, recibiu no hospital antibióticos intravenosos, pero ante a evolución positiva dos indicadores da súa saúde nas últimas 24 horas recibiu a alta.
Hillary Clinton permaneceu co seu marido na clínica e acompañouno na saída.
Un asesor do expresidente dixo que Clinton tivo unha infección urolóxica que se lle estendeu ao torrente sanguíneo, pero que se recuperou e non entrou en ningún momento en shock séptico, unha condición potencialmente mortal
Desde que deixou a Casa Branca Clinton padeceu distintos problemas de saúde. En 2004 someteuse a unha operación de bypass cuádruplo. Regresou ao hospital para operarse dun pulmón parcialmente colapsado en 2005 e en 2010 implantáronlle un par de stents nunha arteria coronaria.
Despois seguiu unha dieta practicamente vegana coa que perdeu peso e mellorou a súa saúde.