CRTVG

Buscar

Biden encarga unha investigación para coñecer a orixe da covid−19 en 90 días

Publicado o 26/05/2021 21:24
Biden encarga unha investigación para coñecer a orixe da covid−19 en 90 días

O presidente estadounidense, Joe Biden, anunciou hoxe que ordenou aos servizos de Intelixencia. que nun prazo de 90 días lle entreguen un informe sobre a orixe da pandemia da covid−19.

O anuncio de Biden produciuse despois de que un informe da intelixencia estadounidense sinalase que varios investigadores do Instituto de Viroloxía de Wuhan enfermaron en novembro de 2019 e tiveron que ser hospitalizados, como publicou o Wall Street Journal a comezos desta semana. "Pedinlle á comunidade de intelixencia que redobre os seus esforzos para recompilar e analizar información que poida achegarnos a unha conclusión e que me informe en 90 días", dixo Biden nun comunicado emitido pola Casa Branca sobre a orixe do coronavirus.

Neste sentido, o presidente estadounidense explicou que a intelixencia do seu país estima agora "dous escenarios probables": se xurdiu do contacto humano cun animal infectado ou dun accidente de laboratorio. Sobre estas dúas opcións, Biden dixo que dous dos servizos de intelixencia se inclinan cara ao primeiro escenario e un terceiro cara á idea do laboratorio, aínda que a Casa Branca non deu detalles sobre que departamentos son en cada caso. "Cada un cunha confianza baixa ou moderada, a maioría non cre que haxa suficiente información para avaliar que un sexa máis probable que o outro", aseverou.

 

Noticias web

26/05/2021