CRTVG

Buscar

Biden di que todos os adultos terán acceso á vacina para o 19 de abril

Publicado o 07/04/2021 08:28
Biden di que todos os adultos terán acceso á vacina para o 19 de abril

Todos os adultos dos Estados Unidos terán acceso á vacina contra a covid-19 para dentro de doce días. Así o anunciou o presidente, Joe Biden, que adianta dúas semanas o obxectivo que o seu Goberno tiña fixado para o primeiro de maio.

A pesar da boa marcha no plan de vacinación nos Estados Unidos, Biden chamou á prudencia porque os contaxios no país están subindo pola variante británica e a medida que os estados van eliminando as súas restricións.

Biden, que visitou onte un centro de vacinación nas aforas de Washington, destacou que os Estados Unidos son o primeiro país do mundo en administrar 150 millóns de vacinas. Dixo que para cando leve 100 días de presidente serán 200 millóns as persoas vacinadas.

Noticias web

07/04/2021