CRTVG

Buscar

Biden asegura na asamblea das Nacións Unidas que non busca unha nova guerra fría

Publicado o 21/09/2021 21:15

Este martes comezou en Nova York a 76 Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, defendeu o multilateralismo nun encontro que durará nove días e que limitou a presenza de asistentes. O presidente americano, Joe Biden, debutou nas Nacións Unidas cunha reivindicación da democracia e a diplomacia.

O comandante xefe, o segundo en falar despois do presidente do Brasil, tamén dixo que non quería unha nova guerra fría, en clara referencia á China. Con todo, as súas palabras recíbense con certo escepticismo, dado o comportamento unilateral de Washington en Afganistán e agora con ese acordo militar negociado en segredo con Reino Unido e Australia.

O cumio híbrido, con actos en persoa e por Internet, durará nove días e centrarase na covid e o cambio climático. O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, que acurtou a súa axenda pola erupción do volcán na Palma, dará o seu discurso na Asamblea o mércores pola noite.

 

Noticias web

21/09/2021