CRTVG

Buscar

Bicis eléctricas e o apoio dun dron contra o furtivismo na Illa da Arousa

Publicado o 22/08/2021 14:31

De noite e de día ao ritmo das mareas traballan os oito gardacostas da illa de Arousa perseguindo furtivos. Ademais dos vehículos, das motos e das embarcacións desde esta semana contarán co apoio dun dron e de dúas bicis eléctricas coas que chegarán a sitios máis inaccesibles ou pechados ao tráfico de xeito rápido e ecolóxico.

Furtivos hainos de varios tipos, os que coñecen o sector, os de proximidade, e neste tempo tamén os turistas.

As sancións mínimas son de 150 euros, máis elevadas se son reincidentes. E mesmo en Galicia hai polo menos dúas persoas no cárcere por delitos relacionados co furtivismo. As escusas dos infractores son do máis variado. O furtivismo supón cuantiosas perdas económicas e ambientais.

A partir de agora estas prácticas estarán vixiadas por terra, mar e aire.

Noticias web

22/08/2021