Bibi Bouzas, toda unha vida apegada ao Club Voleibol Emevé
Comezan as superligas esta fin de semana. Tres equipos galegos no ámbito masculino, un equipo da nosa comunidade no ámbito feminino.
E un club atípico. O club que preside esta muller. Bibi Bouzas. EMEVE Lugo. Con bloque masculino e feminino. Visitamos a Bibi Bouzas nas aulas do instituto onde traballa para coñecer as súas sensacións para esta campaña. Bibi é a presidenta, foi adestradora e xogadora nos oitenta.
Ninguén coñece mellor o equipo de voleibol Emeve ca Bibi Bouza. Xogadora nos anos oitenta, pasou polo banco e agora como presidenta do club advirte un gran momento deste deporte.
Unha canteira con éxitos, o único club español que ten na máxima categoría un equipo masculino e feminino.
O mesmo acontece cos rapaces. Altas expectativas nunha temporada que arranca esta fin de semana contra o Palma.
Bibi Bouzas, toda unha vida apegada ao club dos seus amores.