CRTVG

Buscar

BFlecha, música e produtora: "ExNovo é un lugar para fuxir das distopías e seguir imaxinando outras realidades"

Publicado o 07/05/2021 18:22

ExNovo é un reinicio, un espazo utópico na intersección entre filosofía, ciencia  e poesía. A produtora viguesa BFLecha ExNovo ensambla timbres orgánicos, texturas dixitais e pop deconstruído na fronteira entre o físico e virtual. Entre os doce temas, 'Enantiómeros', con texto inédito do poeta e novelista Xavier Queipo.