CRTVG

Buscar

Betanzos sitúase como o concello con máis incidencia de coronavirus da Coruña

Publicado o 02/02/2021 14:57

A imaxe de hoxe dun día de mercado en Betanzos non ten nada que ver coa que viña sendo habitual, aínda en época de restricións.

E é que en dúas semanas os contaxios levaron a Betanzos dunha das mellores condicións sanitarias a ser hoxe o municipio con máis incidencia da área da Coruña.

No centro de discapacidade Pai Menni hai 62 usuarios e 24 traballadores infectados. Na última semana rexistráronse catro falecementos.

Con estas cifras, o Sergas está levando a cabo un cribado masivo polo que pasan arredor de 800 persoas ao día.

Os cribados masivos continúan na área sanitaria da Coruña. Máis de 6.000 veciños da Laracha están citados a partir do xoves.

Noticias web

02/02/2021