Betanzos recupera a súa feira con amplas medidas de seguridade
Publicado o 01/03/2021 15:14
Os postos volven á praza García Hermanos de Betanzos. Din que hai menos postos e menos xente que outras veces. Con todo, a meirande parte dos vendedores e dos visitantes amósanse contentos.
Betanzos foi un dos concellos máis castigados pola covid-19. Porén hoxe, con 17 casos activos e unha incidencia acumulada inferior aos 150 casos por cada cen mil habitantes, recupera a súa feira con amplas medidas de seguridade.
Agardan que todos sexan conscientes da situación e que teñan presente en todo momento as restricións que están en vigor para non volver ás andadas.