CRTVG

Buscar

Betanzos escollerá o domingo a mellor tortilla de patacas deste ano

Publicado o 08/10/2021 22:11

En 48 horas Betanzos elixirá a mellor tortilla de patacas deste ano. Esta é a última fin de semana do concurso gastronómico en que participan quince establecementos de hostalería. 

Ata 15 locais optan a obter a mellor tortilla do ano. Nun dos establecementos que participan nesta competición aseguran que elaboran máis de medio cento de tortillas diarias, que aumentan durante os meses do verán. 

Este domingo, un xurado profesional escollerá a que será a mellor tortilla de Betanzos deste ano e os clientes terán ata ese día para votar a tortilla máis popular. Pero ollo, porque non é para todos os gustos: a de Betanzos non leva cebola.

Noticias web

08/10/2021