Berasategui difunde a súa campaña contra a obesidade infantil en Compostela
Publicado o 15/02/2019 21:54
É o home con máis estrela da cociña. E chega a Galicia cun feixe de receitas rápidas e saudables, para que pais e, sobre todo nenos, aprendan a lección máis importante: somos o que comemos.
Pizza de brócoli, auga de amorodo, ou hamburguesa de fabas coas que loitar contra a monstro da obesidade infantil. Unha pandemia que, segundo a OMS, afectará 70 millóns de nenos no 2025. Na natureza temos o mellor aliado para combatela, sobre todo en Galicia, un referente para esta superestrela dos fogóns.
O equipo de Berasategui permanerá ata mañá neste centro comercial de Santiago. Toda unha oportunidade para aprender a comer coma profesionais.