Benedicta Sánchez, candidata aos Goya como actriz revelación
Publicado o 03/12/2019 15:19
Agricultora filla de agricultores, emigrante, fotógrafa e galardoada coa medalla Castelao pola interpretación que fixo da nai dun pirómano en O que arde.
Despois da película, a súa sensibilidade pola vida medrou aínda máis.
Gústanlle os animais. Moito. Por iso non os come e é vegana dende os 17 anos.
Nin se vai pintar nin disfrazar para ir aos Goya.
Con todo, quere gañar o Goya. Sobre todo porque supón un recoñecemento ao traballo de quen a dirixiu, Oliver Laxe.