CRTVG

Buscar

Benedicta Sánchez, estrela na restransmisión das baladadas da TVG

Publicado o 01/01/2020 19:19

Benedicta Sánchez, flamante candidata aos Goya pola película 'O que arde', foi a estrela indiscutible da retransimisión das badaladas da Televisión de Galicia. Acompañada por Xosé Ramón Gayoso e Arturo Fernández, esta veciña do Corgo de 84 anos convertida en actriz da man do director Óliver Laxe gozou coma unha nena do espectáculo na praza do Obradoiro. E parece que aos espectadores lles gustou vela, tal e como se reflicte nalgúns chíos de twitter.

No vídeo que acompaña esta información está a súa intervención completa no programa das Badaladas. Así foi como lle demos a benvida ao ano 2020 na Televisión de Galicia.

Noticias web

01/01/2020