O Papa bendí o mundo ante unha praza de San Pedro totalmente baleira
Publicado o 27/03/2020 22:53
Ante unha inusualmente baleira praza de San Pedro, o Papa Francisco rezou por todos os afectados pola pandemia, polas súas familias e por todos os que os atenden. O pontifice deu a bendición urbi et orbi a todos os fieis que seguiron as súas palabras por distintos medios, unha bendicón que permite a indulxencia plenaria, é decir, o perdón dos pecados, nun momento no que o mundo atravesa unha situación excepcional.
Esta foi unha bendición urbi et orbi extraordinaria, xa que os pontifices só adoitan impartila o 25 de decembro e o domingo de Pascua.