CRTVG

Buscar

Bélxica reabre os comercios non esenciais desde o 1 de decembro

Publicado o 27/11/2020 20:54

Bélxica volverá abrir os comercios non esenciais, os museos e as piscinas ante a melloría dos datos do coronavirus nas últimas semanas, informou este venres o primeiro ministro, Alexander de Croo, tras un mes con estes establecementos pechados para frear a expansión da pandemia. "O noso país está mellor que fai catro semanas. Isto é grazas a un esforzo colectivo de todos", dixo De Croo en conferencia de prensa tras unha reunión das autoridades políticas federais e rexionais onde tamén advertiu, con todo, de que a situación segue sendo grave.

Á reapertura dos comercios non esenciais acompáñalle unha serie de restricións a esta actividade: as compras deberanse facer de forma individual e nun máximo de 30 minutos por cada tenda. Ademais, os comercios poderán recibir a un cliente por cada dez metros cadrados de superficie e deben asegurar que se cumpren as normas de distancia social nas colas que se formen no exterior

Noticias web

27/11/2020