CRTVG

Buscar

Belarra asegura que é partidaria do regreso de Puigdemont sen que o denteñan

Publicado o 10/06/2021 16:22

Ione Belarra, apoia o regreso a España de Carles Puigdemont. A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030declarouse en contra dunha eventual detención do ex-presidente da Generalitat en caso de cruzar a fronteira:"é que non sei como vou defender eu iso se precisamente queremos acabar coa via da xudicialización e apostar polos indultos é permitir que os presos que están en prisión poidan saír. Sería unha incongruencia de tamaño descomunal".

Non é esa a postura oficial do executivo. A voceira, María Jesús Montero, dixo que "o interese do Goberno de España é que o señor Puigdemont poida ser traído a España e poida ser xulgado polos tribunais como sempre dixemos e que responda ante a xustiza fronte a aqueles acontecementos desgrazados".

 

 

Noticias web

10/06/2021