Belén Toimil, repouso necesario antes de pensar en París
En Mugardos descansa xa Belén Toimil antes de comezar a preparar París 2024. Porque Belén Toimil quere resarcirse da experiencia deportiva vivida en Toquio. A campioa de España de lanzamento de peso entende que o debe facer moito mellor.
Cinco meses e uns Xogos máis tarde, volveu por fin á casa a mugardesa mais popular, a olímpica e campioa de España Belén Toimil. Entusiasmada co vivido en Toquio, pero cunha espiña: non puido entrar da final do lanzamento de peso.
"Non quedei moi contenta coa miña actuación nos xogos, xa estou pensando en París 2024. Fixen dous nulose logo xa tiña medo de pasarme e non estar na clasificación", comentou Toimil sobre a súa experiencia olímpica.
Así que Belén albisca xa novos desafíos: "Gustaríame mellor a miña marca deste ano e se podo estar nunha final dun mundial, contentísima".
Iso, para o ano. Antes, un respiro: "Levo moitos meses fóra, necesito un mes polo menos, aínda que adestre, de estar aquí, sentir o mar...".
Porque para Belén, coma na casa non se está en ningures.