CRTVG

Buscar

Belén Toimil: "Ir ós Xogos foi unha sorpresa pero vou preparalos para intentar facelo o mellor que poda"

Publicado o 12/03/2021 21:33

A irrupción de Belén Toimil é a noticia do ano no atletismo español. A mugardesa pulverizou a marca de lanzamento de peso durante o campionato de Europa, un evento ó que chegou de rebote, grazas a unha repesca: 18 metros 64 centímetros, que lle deron o pasaporte para os Xogos.

Belén: "Flipei porque era o obxectivo de toda a temporada e conseguino nun Europeo"

Na final resultou sétima con 18.01, a súa segunda mellor marca de sempre. Belén progresou no último ano grazas a un cambio na técnica, na nutrición e na mentalidade.

Belén: "O confinamento foi clave. Pasei tres meses parada nun piso e ó poder volver adestrar cambiei o chip."

Agora Belén céntrase en Toquio. Que os Xogos se pospuxeran permítenlle alcanzar o seu soño ós 26 anos.

Belén: "Levo soñando con ir uns Xogos toda a vida. É unha sorpresa, un premio e por suposto vou preparalos para facelo o mellor que poda."

Belén sempre leva na maleta catro quilos extra, o que pesa a súa ferramenta de traballo, a bola.-
De aqui a Toquio quédanlles moitas horas xuntas.
 

Noticias web

12/03/2021