CRTVG

Buscar

Belarra anuncia permisos de maternidade e de paternidade de 6 meses dende 2022

Publicado o 14/07/2021 14:27
Belarra anuncia permisos de maternidade e de paternidade de 6 meses dende 2022

O Goberno quere ampliar os permisos de maternidade e paternidade a seis meses dende o ano que vén. Actualmente están en 16 semanas. É unha das medidas previstas na futura lei de diversidade familiar que hoxe explicaron as ministras de Igualdade e Dereitos Sociais.

Ademais queren que as nais que crían soas poidan acumular e desfrutar os dous permisos. A lei, que prevén que estea lista a finais de ano, tamén incluirá unha prestación universal por coidado de fillo.
 

Noticias web

14/07/2021