Beatriz Pino enviará unha carta a todos os partidos para abordar de forma conxunta o brote da covid-19
Publicado o 06/07/2020 14:51
A caravana de Ciudadanos visitou hoxe a Institución Benéfica Padre Rubinos, na Coruña. Beatriz Pino, que estivo arroupada esta mañá por Begoña Villacís, referiuse á situación da Mariña. Pino adiantou que enviará unha carta a todos os partidos para abordar de forma conxunta o brote da covid-19.