CRTVG

Buscar

Beatriz Pino (Ciudadanos): "Quero que saiades votar sen medo"

Publicado o 30/06/2020 00:21

"Sei que pasamos meses moi duros, sei que non temos a cabeza nas eleccións, pero sei tamén que moitos de vós pensades que Galicia merece futuro e ten moito que gañar cun proxecto como o noso", dixo Beatriz Pino na súa última intervención.

"Quero que saiades votar sen medo e sen conformarse pensando que Galicia e os galegos temos moito que gañar", asegurou a candidata de Ciudadanos.