CRTVG

Buscar

Beade é o único municipio de Galicia coas restricións máximas

Publicado o 02/04/2021 15:16

Beade é o único concello de Galicia que está a día de hoxe coas restricións máximas. Unhas limitacións que impiden saír e entrar do muncipio sen causa xustificada, a hostalaría permanece pechada e as xuntanzas só poden ser de persoas conviventes.

Beade está este Venres Santo con restricións máximas baleiro. As limitacións e a choiva, que tampouco anima a saír hoxe á rúa, só para o imprescindible.

Os tres bares do concello permanecen pechados. É a hostalaría e os poucos comercios de Beade os que máis perden co peche perimetral.

Beade ten 7 casos activos pero menos de 400 habitantes polo que a incidencia a 15 días dispárase aos máis de 1.500 casos por 100.000 habitantes, o bo é que na última semana non se rexistrou ningún novo positivo.

Beade entrou hai unha semana nas restricións máximas.

Noticias web

02/04/2021