O BBVA propón rebaixar os despedimentos a 3.361 e mellora as condicións de saída
Publicado o 18/05/2021 16:27

O BBVA proponlles aos sindicatos recolocar dentro do grupo 467 persoas no seu plan de axuste, co que rebaixaría os despedimentos a 3.361. Ademais, mellora as condicións de saída, segundo informaron fontes da negociación.
A entidade tamén lle ofrece ao persoal maior de 52 anos deixar o posto, cunha antigüidade mínima de 15 anos e indemnizacións co 65 % do soldo, aínda que aplica un máximo de 250.000 euros se é menor de 55.
A partir dos 58 e ata os 62, segundo a nova proposta do BBVA, poderá recibir ata o 70 % do soldo. Para maiores de 63 mantén a oferta dunha indemnización de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades.