CRTVG

Buscar

Baxi Ferrol e Ensimo mídense o sábado na Malata

Publicado o 01/02/2019 17:54

Lembren que esta fin de semana hai derbi feminino de baloncesto. Baxi Ferrol e Ensino xogan na Malata. As ferrolás pechan a clasificación. Suman tres vitorias en 17 partidos. As lucenses sitúanse na metade da táboa. Duelo de necesidades dispares nun encontro que poderán seguir en directo, dende as cinco da tarde, a través da nosa segunda canle.

Marina Delgado, Baxi Ferrol: "Son vitais para nós estes dous partidos. Gañalos supón meternos na loita pola permanencia e perdelos non mo quería nin imaxinar." Arantxa Gómez, Durán Maquinaria Ensino: "É un partido que vai ser difícil, pero que temos que gañar. Hai que asumir responsabilidades e non vale botar balóns fóra".

 

Noticias web

01/02/2019