CRTVG

Buscar

Bastóns artesáns feitos en Allariz

Publicado o 19/02/2021 21:52


Vintesete anos leva Joaquín dándolle forma a madeira. O que empezou tan só como un xeito de distraerse acabou por se converter na súa afección preferida. E a el en todo un artesán.

"Claro, empezas a discurrir como elaboralo, e coa idea vas facendo o traballo que ti queres, e finalmente atopas o resultado."

Para darlle vida os seus bastóns utiliza madeira de freixo ou de buxo, de abeleira ou de bidueiro. Todas valen para darlle vida as pequenas historias que hai en cada unha das súas pezas.

"Andas polo monte e ves, cando tes algo na mente, que con esto podes facer algo, e así.."

Joaquín é de Ermua pero as orixes da súa muller trouxérono a esta aldea de Allariz na que viven. E sí, o seu concello de adopción ten tamén unha peza en exclusiva.

" Allariz e as súas aldeas. Aquí como podes ver, están todas, as noventa e dúas aldeas de Allariz."

Na súa cabeza bulen as ideas para novas pezas, algunhas chegou a vendelas e mesmo saíron fóra de España. O certo é que imaxinación e traballo non lle faltan. Coa vista e o pulso intactos semella que a Joaquín quédanlle aínda moitas historias que contar a través da madeira.
 

Noticias web

19/02/2021