CRTVG

Buscar

Bárcenas terá que declarar o luns pola contabilidade opaca do PP e a Kitchen

Publicado o 10/02/2021 17:43
Bárcenas terá que declarar o luns pola contabilidade opaca do PP e a Kitchen

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castellón, que instrúe a peza separada referente á denominada operación Kitchen, citou o vindeiro luns ás 9.00 horas en calidade de testemuña o extesoureiro do PP Luis Bárcenas para que sexa interrogado polo operativo parapolicial que se orquestrou co obxectivo de subtraerlle información sensible para o partido.

Desta forma, ese día o extesoureiro declarará por partida dobre, xa que á citación do Xulgado Central de Instrución número 6 súmase a do xuíz Santiago Pedraz, que investiga os papeis de Bárcenas.

Pedraz citouno ás 10.30 da maña dese mesmo luns. Quere que se ratifique no escrito enviado á Fiscalía Anticorrupción, e comprobar así a súa achega na investigación polo presunto financiamento irregular do PP. Por outra banda, a Audiencia Nacional limitou a 12 anos o tempo máximo de cumprimento da pena imposta a Bárcenas, condenado a 29 anos de cárcere.

Por outra banda, a Audiencia Nacional limita a 12 anos o tempo máximo de cumprimento da pena imposta a Bárcenas, condenado a 29 anos de cárcere.

Noticias web

10/02/2021